martes 22 de abril de 2008

Queimade todos esos libros que tanto dano fan... foron á fogueira os que non eran! Queimade os que vendían amor, os que vendían soños e finais felices. Queimade os camiños sinxelos, as fadas e as princesiñas. Queimade esa porcallenta irrealidade que enche de paxaros tantas cabezas e fai que unha vida preciosa real na sua normalidade careza de beleza en comparación coas idealizacións dos maxins dos soñadores.
Queimadeos porque fan que o fracaso sexa insignia do castigo divino en lugar de ser algo cotián para crecer. Queimadeos e despois queimademe a min por inquisidora.

sábado 5 de abril de 2008

Slew rate! take it easy xDDDDDDDDD (lean me aburre)